Entroido 2018

Ola familias!
Xa se achega o Entroido e, por este motivo, estamos preparando un ano máis o noso desfile. Este curso, a temática versa sobre  "O bosque Encantado". Os nenos e nenas terán que disfrazarse de distintas criaturas máxicas ou animais do bosque.
Deixámosvos algunhas ideas de disfraces:

Cogomelos, xoaniñas, trasgos, fadas, bolboretas, gnomos, flores, ananos, árbores, coellos, saltóns, abellas, lobos, paxaros, bufos, raposos.